top of page

EU SON CHARLIE

SUPLEMENTO EN APOIO ÁS VÍTIMAS DO ATENTADO A CHARLIE HEDBO O 8 DE XANEIRO DE 2015 EN PARÍS.

 

O grupo El Progreso (El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra) homenaxeará este mércores aos falecidos no atentado do semanario satírico "Charlie Hebdo" coa publicación especial dunha revista titulada "Eu son Charlie", baixo a coordinación do debuxante Kiko da Silva.

 

No suplemento participan, ademais dos alumnos do "Garaxe Hermético", Escola de Banda Deseñada de Pontevedra, firmas do cómic como Judas e Ricardo Peregrina, de 'El Jueves'; Rodrigo Cota, Jano ou Fernando Ruibal, de 'O Botafumeiro'; Mel e Malagón, de 'Orgullo &Satisfacción", Fernando Iglesias ( Kohell) e o crítico Gerardo Vilches.

 

"Temos que responder pola nosa responsabilidade non só como humoristas senón tamén como sociedade", sostén Kiko da Silva.

 

Todas aqueles que queiran mostrar a súa solidariedade cos familiares das vítimas poderán facerlles chegar un donativo a través da conta de Paypal: 

https://www.leetchi.com/c/solidaritecharlie) que aparece na portada da revista, informa o grupo El Progreso.

bottom of page